• Inicio
  • Quen somos
  • O programa
  • Ferramentas
  • Saber máis

Política de rastros

Que é un rastro?

Un rastro é un pequeno arquivo de texto que un sitio web coloca no seu PC, teléfono ou calquera outro dispositivo, con información sobre a súa navegación neste sitio. Os rastros son necesarios para facilitar a navegación e facela máis amigable.

Malia que na presente política se emprega o termo xeral de “rastro”, pois é o principal método de almacenamento de información que utiliza este sitio web, emprégase tamén o espazo de “Almacenamento local” do navegador para os mesmos propósitos que os rastros. Neste sentido, toda a información incluída nesta sección é aplicable igualmente a este “Almacenamento local”.

Para que se empregan os rastros neste sitio web?

Os rastros son unha parte esencial de como funciona o noso sitio web. O obxectivo principal dos nosos rastros é mellorar a súa experiencia na navegación. Por exemplo, empréganse para lembrar as súas preferencias durante a navegación e en futuras visitas.

A información recollida nos rastros permítenos, ademais, mellorar a web mediante estimacións sobre números e padróns de uso, a adaptación do sitio web aos intereses individuais dos usuarios, a aceleración das buscas, etc.

Quen utiliza a información almacenada nos rastros?

A información almacenada nos rastros do noso sitio web é empregada exclusivamente por nós, agás aqueles identificados máis adiante como “Rastros de terceiros”, que son utilizados e xestionados por entidades externas para proporcionaren servizos que lles solicitamos para mellorarmos os nosos e a experiencia do usuario ao navegar no noso sitio web.

Como podo evitar o uso de rastros neste sitio web?

Se vostede prefire evitar o uso de rastros nesta páxina tendo en conta as limitacións anteriores debe, en primeiro lugar, desactivar no seu navegador o uso de rastros e, en segundo lugar, eliminar os rastros gardados no seu navegador asociados a este sitio web.

Vostede ten a posibilidade de evitar o uso de rastros en calquera intre.

Como modifico a Política de rastros?

Pode cambiar as súas preferencias en relación cos rastros analíticos mediante as opcións activar/desactivar. O Usuario pode permitir ou bloquear os rastros, así como borrar os seus datos de navegación (incluídos os rastros) desde o navegador que emprega. Para isto, pode visitar as seguintes páxinas dependendo do navegador empregado:

  • FireFox
  • Chrome
  • Safari
  • Microsoft Edge
  • Internet Explorer

Que rastros concretos emprega este sitio web e con que finalidades?

Deseguido inclúese un cadro cos rastros, que podemos activar ou desactivar, os empregados por este sitio web, xunto coa descrición e exemplo do seu uso:

Rastro

Duración

Descrición

_ga

2 anos

Emprégase para distinguir aos usuarios.

_gid

24 horas

Emprégase para distinguir aos usuarios.

_gat

1 minuto

Emprégase para limitar a porcentaxe de solicitudes.

© EDEX 2025  |  Aviso legal  |  Rastros  |  Editar rastros
Indautxu 9, baixo - 48011 Bilbao  |  944 425 784  |  edex@edex.es
Portal Buenas Prácticas
Financiado por